Doutoramento Industrial HIMIKODE e CiTIUS sobre robótica colaborativa industrial

CiTIUS e HIMIKODE solicitarán un doutoramento industrial para desenvolver un proxecto de investigación conxunto no ámbito da IoT e a intelixencia artificial, descrito nos parágrafos seguintes. Están a buscar persoas candidatas interesadas en esta posición, que presentarán o proxecto á convocatoria de Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia.

O CiTIUS é un centro de investigación especializado en Tecnoloxías Intelixentes, cun equipo de máis de 120 investigadores/as. O noso equipo é o maior activo do noso centro e constantemente buscamos talento científico. O CiTIUS ofrece unha contorna científica estimulante, interdisciplinaria e de vangarda, onde os nosos investigadores e investigadoras poden potenciar e desenvolver a súa carreira científica nun equipo internacional. Atopámonos nunha contorna científica de alto nivel, con cinco centros de investigación especializados en diferentes áreas (CiQUS, CiMUS, IGFAE, CRETUS e CiTIUS). Santiago de Compostela é cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, con máis de 5 millóns de metros cadrados de espazos verdes, e foi nomeada un dos 100 mellores lugares do mundo pola revista TIME en 2021.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A USC ofrece unha contorna vibrante e estimulante para a investigación, caracterizada pola súa excelencia académica e historia rica. Fundada en 1495, a USC é unha das universidades máis antigas de Europa e recoñecida pola súa contribución significativa á ciencia e á cultura. Con aproximadamente 20.000 estudantes de grao e máis de 2.500 estudantes de doutoramento, a USC ofrece unha comunidade académica dinámica e diversa. A universidade foi galardoada co "HR Excellence in Research" pola CE baixo o proceso HRS4R, destacando o seu compromiso co apoio a investigadores e investigadoras.

Himikode

Himikode xorde como iniciativa empresarial de base tecnolóxica outorgado pola Xunta de Galicia e actualmente conta co selo de Pyme Innovadora do Ministerio de Ciencia e o de Empresa Emerxente outorgado por Enisa. A nosa actividade céntrase na creación de solucións innovadoras que combinan IoT, intelixencia artificial, Big Data e SaaS, desenvolvendo produtos para crear negocios escalables. Desde o deseño de electrónica IoT propia, o desenvolvemento de modelos IA ata o software final para o cliente, a nosa misión é impulsar a dixitalización e a eficiencia en sectores clave como a industria alimentaria alimentación e a enerxía, destacando produtos como hkoffee e RuralData que optimizan procesos e melloran a sustentabilidade.

Descrición do posto

As persoas candidatas presentaranse co CiTIUS e Himikode á convocatoria de Doutorados Industriais da Xunta de Galicia. Contarán cun contrato predoutoral dun mínimo de 18 meses en Himikode.

Requisitos específicos para as personas candidatas

  • Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
  • As persoas non comunitarias poderán ser candidatas sempre que conten cos permisos necesarios de permanencia no país.
  • Estar matriculadas ou cumprir cos requisitos para matricularse nun programa oficial de doutoramento nunha universidade do SUG de acordo coa normativa académica aplicable no curso 2023/2024 ou 2024/2025.
  • A data de finalización dos estudos deberá ser nos últimos cinco anos, con certas excepcións nas que poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017.
  • Non ter o título de doutor/a.

Abstract do proxecto para o desenvolvemento da tese

A tese a desenvolver intégrase no proxecto de desenvolvemento dun novo dispositivo IoT (Internet of Things) que evoluciona unha solución xa desenvolvida, baseada en algoritmia, a un novo elenco de solucións baseadas en redes neuronais, machine learning, etc.

O proxecto en concreto consistirá na investigación e desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para a detección e clasificación de estados e eventos da maquinaria e equipamento en HORECA (HOteis, REstaurantes e CAfeterías), baseado en IA.

A plataforma que se pretende desenvolver consiste en:

  • O redeseño da sensórica electrónica do dispositivo IoT que utilizamos, para dotalo de sensores acústicos multiespectrais;
  • O deseño e implementación da tipoloxía e topoloxía de rede neuronal máis adecuada para a clasificación de eventos sonoros multiespectrais;
  • O traballo de campo de captación de sinais sintéticos do equipamento en HORECA;
  • A xeración de sinais sintéticos a partir dos sinais físicos captados, para o adestramento exhaustivo das redes neuronais en todos os escenarios posibles;
  • O adestramento das redes elixidas, con sinais orixinais e sintéticos, para os HORECA que plantexemos, en función do seu rendemento e precisión;
  • A adecuación do código da rede neuronal aos requisitos limitados dos microprocesadores utilizados no dispositivo IoT, así como a programación do mesmo;
  • O redeseño das tramas MQTT enviadas polo dispositivo IoT aos procesadores de sinal;
  • A programación das aplicacións de procesamento unitario de medidas MQTT no back-end de Himikode;
  • A programación do procesamento estatístico das medidas MQTT adquiridas de todos os HORECA a efectos de producir información actuable para clientes.

En definitiva, o reto que se expón ao estudante de doutoramento é un proxecto vertical onde aplicar os seus coñecementos en IoT, IA e Big Data, cun perfil moi centrado no deseño de solucións baseadas en redes neuronais e a programación de solucións de infraestrutura de datos.

O estudante de doutoramento non parte de cero, Himikode xa realizou con éxito unha plataforma de IoT e conta con especialistas en electrónica para acompañarlle na fase de redeseño da sensórica. A responsabilidade do estudante de doutoramento nesta fase é crear a metodoloxía IA que permita validar a sensórica máis adecuada e iterar co equipo de Electrónica ata atopar o resultado óptimo.

A reprogramación dos IoT implica adecuar o tamaño das redes neuronais deseñadas á capacidade limitada de RAM e CPU dos microcontroladores que utilizan, para o que o estudante de doutoramento debe demostrar competencia en linguaxes de baixo nivel, como C e C++.

No tocante á elección das redes neuronais adecuadas o estudante de doutoramento liderará a interacción co centro tecnolóxico Gradiant, co que Himikode desenvolve actualmente un proxecto similar no ámbito da IA.

Finalmente, no tocante á programación de sistemas e infraestrutura relacionada, Himikode conta xa cun sistema de envío e almacenamento de tramas MQTT e sistemas que procesan as medidas unitaria e estatisticamente. O labor do estudante de doutoramento será evolucionar dita infraestrutura para adecuala ás novas medidas MQTT creadas e desenvolver módulos de infraestrutura que postprocesen dita información adecuadamente en linguaxes propicias, como Go, Java, C++, etc.

Coñecementos específicos

Habilidades de programación:

  • Linguaxes principais: Python, Java ou Scala, C++ ou C, Go
  • Linguaxes Complementarias: PHP, SQL, R, MATLAB ou Octave

Ferramentas e librarías: TensorFlow, Keras, PyTorch, Pandas, NumPy, SciPy, Tidyverse, Git

Coñecementos adicionais: Matemáticas Aplicadas, Machine Learning, Big Data

Otras competencias valorables do perfil

  • Experiencia académica relevante: Ter desenvolvido un TFM ou TFG enfocados en aplicacións de redes neuronais, IA aplicada ou Big Data.
  • Experiencia profesional: Experiencia en proxectos tecnolóxicos, machine learning, Big Data.

Competencias adicionais:

  • Capacidade para comunicar resultados técnicos
  • Iniciativa e capacidade para traballar de forma independente
  • Participación en cursos ou certificacións relacionadas

Contacto

Se estás interesado/a, envíanos o teu CV indicando no asunto Doutoramento Industrial Himikode a:

  • citius.kmt@usc.es
  • info@himikode.com