Convocatoria para personal investigador posdoutoral financiados polas convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal

O Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) busca incorporar investigadores posdoutorais en áreas relacionadas cos seus programas científicos financiados polas convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal.

Para poder participar no CiTIUS, os solicitantes das convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal deberán estar relacionados con algunha das seguintes áreas:

  • Deseño electrónico de dispositivos intelixentes
  • Aprendizaxe automático e razoamento
  • Intelixencia Artificial fiable
  • Visión por computador
  • Robótica
  • Ciencia e enxeñería de datos e procesos
  • Tecnoloxías lingüísticas
  • Informática de alto rendemento
  • Realidade virtual e aumentada

As axudas de Juan de la Cierva están destinadas a completar a formación investigadora posdoutoral dos candidatos nos centros de I+D españoles distintos daqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

  • Requisitos: Os candidatos deberían estar en posesión do título de doutor obtido en 2022 ou 2023
  • Duración: 2 anos
  • Retribución: 28.000 euros/ano
  • Axuda complementaria: concederanse 50.000 euros para cubrir os gastos directamente relacionados coa execución das súas actividades de investigación. As persoas contratadas a través de "atracción de talento" recibirán unha axuda adicional de 70.000 euros.

A finalidade da axuda Ramón y Cajal é promover a incorporación a organismos de investigación de persoal investigador, tanto español como extranxeiro, con unha destacada traxectoria, para que adquiran as competencias e habilidades que lles permitan obter unha posición estable en un organismo de investigación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

  • Raquisitos: os candidatos deberán estar en posesión do título de doutor obtido entre o 01/01/2013 - 31/12/2021
  • Duración: 3 anos + 2 anos (para acceder aos 2 anos adicionais é obrigatoria a acreditación R3)
  • Salario: de 35.000 euros a 41.500 euros
  • Axuda complementaria: concederanse 50.000 euros para cubrir os gastos directamente relacionados coa execución das súas actividades de investigación. As persoas contratadas a través de "atracción de talento" recibirán unha axuda adicional de 70.000 euros.

A través da convocatoria "Proxectos de excelencia" da Xunta de Galicia, poderanse obter ata 50.000 euros anuais (4 anos).

O CiTIUS ofrece un paquete de benvida negociable para os candidatos seleccionados.

Solicitude

Os solicitantes deberán presentar a seguinte información:

  • Indicación sobre el área o áreas de investigación de interés
  • Currículum Vítae completo con unha lista de publicacións e unha carta de presentación na que expoñan por qué son idóneos para o posto

A solicitude debe enviarse por correo electrónico a citius.kmt@usc.es co asunto: Juan de la Cierva en el CiITUS ou Ramón e Cajal no CiITUS.

Os candidatos seleccionados contarán co apoio de investigadores do CiITUS para presentar unha proposta competitiva á convocatoria. Priorizarase aos candidatos en función dos seus méritos.

Data límite de presentación de solicitudes:

Data límite de solicitude no CiITUS: 15 de xaneiro.

Procedemento de avaliación e selección:

  • Doutorado nun área relacionada coas Tecnoloxías Intelixentes
  • Logros científicos: publicacións nos temas científicos dos Porgramas Científicos do CiITUS. Participación en actividades de I+D
  • Carta de motivación, expoñendo formación e experiencia, os 5 resultados de investigación máis relevantes e unha breve proposta de investigación aliñada cos Programas Científicos do CiITUS
  • Nivel de inglés C1 ou superior

Noso centro de investigación

O CiTIUS é un centro de investigación especializado en Tecnoloxías Intelixentes situado en Santiago de Compostela, España. Actualmente, o Centro conta cun equipo de máis de 120 investigadores, incluíndo 31 investigadores senior, seleccionados por un Consello Científico Asesor externo. Durante o periodo 2020-2022, o CiTIUS publicou máis de 180 artículos en revistas indexadas (SCI-Scopus), dos cales o 73% publicáronse en revistas clasificadas no primero cuartil. Os ingresos medios por I+D ascenden a 3,5 millones de euros anuais. Neste momento, o CiTIUS participa en 10 proxectos europeos, incluidas tres redes europeas de formación Marie-Sklodowska Curie coordinadas polo CiTIUS e un proxecto FETPROACT. O CiTIUS tamén creou dous spin-offs: Situm e InVerbis.

Encontrámonos nun entorno científico de alto nivel con catro centros de investigación especializados en diferentes áreas (CiQUS, CiMUS, IGFAE y CiTIUS). Santiago de Compostela é Cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO con máis de 5 millóns de metros cadrados de espacios verdes e un dos 100 mellores lugares do mundo pola revista TIME 2021.

Traballar no CiTIUS

O CiTIUS ofrece un entorno científico estimulante, interdisciplinar e de vangarda, onde nosos investigadores poden fomentar e desenvolver a súa carreira científica nun equipo internacional. Entre outros, ofrecemos:

  • Unha extensa rede internacional de colaboradores científicos e tecnolóxicos.
  • Plan de desenvolvemento profesional e formación orientado a mellorar as competencias científicas e transversais para preparar aos nosos investigadores para unha carreira científica competitiva.
  • Instalacións científicas de vangarda con laboratorios equipados, centro de proceso de datos propio e acceso gratuíto ao segundo centro de supercomputación de España (CESGA), ubicado no mesmo Campus.
  • Un equipo profesional de apoio á investigación con amplia experiencia en xestión de proxectos, oportunidades de financiación, transferencia de tecnoloxía, xestión informática, difusión e divulgación, xestión de RRHH, xestión económica e administrativa.
  • Posibilidade de participar en eventos de difusión coa industria e actividades de divulgación con becarios, organizados ao longo do ano.
  • Horario de traballo flexible. O CiTIUS aposta pola conciliación da vida laboral e familiar dos seus empleados.
  • Acceso ás instalacións universitarias: ximnasio, actividades deportivas, cursos de idiomas, bibliotecas, enfermaría, etc.