MarblingPredictor

Software para a cata dixital de lonchas de xamón

Problema

O xamón curado en seco é un produto cárnico tradicional mediterráneo consumido en todo o mundo. Este produto presenta unha gran variabilidade en canto á composición e á calidade. A aceptabilidade deste produto por parte dos consumidores está influída por diferentes factores, en particular, a graxa intramuscular visible e a súa distribución ao longo da loncha, tamén coñecida como veteado. A avaliación en liña do veteado é de grande interese para a industria con fins de clasificación. Porén, ata agora esta avaliación realizábase tradicionalmente mediante paneis de expertos, o que resulta tedioso e require moito tempo para implementala na industria.

Solución proposta: MarblingPredictor

Propoñemos o software MarblingPredictor cunha interface gráfica intuitiva, que ofrece as seguintes ferramentas:

  • Predí a puntuación de veteado dos tres músculos máis representativos do xamón a partir de rexións de interese cadradas extraídas automaticamente dunha loncha de xamón.
  • Estima a proporción de graxa subcutánea e intermuscular na loncha de xamón.
  • Predí a puntuación de veteado de rexións debuxadas manualmente nas lonchas.

MarblingPredictos analiza lonchas de xamón en liña con moita rapidez nun ordenador persoal de uso xeral. O software MarblingPredictor pode prestar un apoio eficaz tanto á investigación básica en laboratorios de alimentos como integrarse en sistemas industriais.