OralImmunoAnalyser
Sofware para axuda ó diagnóstico do cancro oral
Problema
O cancro oral representa o décimo sexto tipo de cancro a nivel mundial e constitúe un problema de saúde pública grave e crecente. Unha parte significativa dos cancros orais desenvólvese a partir de trastornos potencialmente malignos, como a leucoplasia oral. Así, a súa identificación e a intervención guiada por predictores de transformación maligna en fases premalignas poderían ser fundamentais para reducir a mortalidade, a morbilidade e o custo do tratamento asociado ao cancro oral. Un dos principais predictores da transformación maligna da leucoplasia oral é a presenza de displasia epitelial. Porén, este diagnóstico baséase nunha imaxe estática e demostrouse que existe unha gran variabilidade entre examinadores e dentro dun mesmo examinador ao avaliar a presenza ou ausencia de displasia, así como o seu grao. A biopsia e a análise histopatolóxica constitúen o diagnóstico convencional da leucoplasia oral. Porén, os cambios a nivel molecular prodúcense antes desta avaliación histolóxica \citep{mehrotra05}, polo que o uso de tincións inmunohistoquímicas que revelen a expresión de biomarcadores de proliferación celular, como ki67, podería ser unha técnica complementaria para mellorar o diagnóstico e o prognóstico. Algúns estudos indican que a expresión da tinción de ki67 podería empregarse para estimar o grao de displasia na leucoplasia oral e o risco de transformación maligna nos trastornos orais potencialmente malignos.
A contabilización das células nestas imaxes inmunohistoquímicas realízase tradicionalmente de forma visual e manual, coa axuda de dispositivos deseñados para este fin. Estas técnicas de reconto manual requiren moito tempo, e os expertos só contan un número reducido de células (normalmente 100). En xeral, as alternativas de software dispoñibles para analizar as mostras inmunohistoquímicas presentan algunhas das seguintes desvantaxes:
- Adoitan ter un custo elevado e pouca flexibilidade para xestionar artefactos nas imaxes ou diferenzas entre mostras
- Non permiten a supervisión do experto antes da cuantificación.
Solución proposta: OralIMmunoAnalyser
O software OralImmunoAnalyser estima cuantitativamente a expresión inmunohistoquímica do marcador molecular ki67 na leucoplasia oral e cumpre os seguintes requisitos:
- É sinxelo e doado de usar, e ofrece unha interface gráfica de usuario amigable para traballar interactivamente coas imaxes (unha fotografía tomada ao microscopio) e debuxar a rexión de análise.
- Emprega algoritmos avanzados de análise de imaxes e aprendizaxe automática para detectar e clasificar automaticamente as células das imaxes. OralImmunoAnalyser permite supervisar e revisar as células que se contabilizarán en cada categoría antes da cuantificación da imaxe.
- Estima automaticamente diversas medidas estatísticas e reconto nas imaxes, calculando a positividade nas capas basal, media e superior do epitelio.
- Permite revisar os resultados en calquera momento. Ademais, esta posibilidade de supervisión por parte do experto favorece que se poida empregar como ferramenta no proceso de ensino-aprendizaxe para instruír investigadores noveles no reconto celular.
- É suficientemente rápido para analizar imaxes en tempo real.
Por estas razóns, OralImmunoAnalyser é superior a outras ferramentas dispoñibles e o seu uso podería implantarse facilmente na práctica diaria dos laboratorios biomédicos.