STAC
Análise estatística para verificar os resultados dos algoritmos de intelixencia computacional
STAC consta de tres capas diferentes para realizar probas estatísticas: unha biblioteca de Python, un conxunto de servizos web e un cliente web. A través desta plataforma pódense verificar os resultados obtidos polos algoritmos de aprendizaxe aplicando probas estatísticas aos experimentos, que, entre outros usos, permiten apoiar o proceso de toma de decisións (por exemplo, a elección do algoritmo máis axeitado).
Biblioteca de Python
A primeira capa de STAC é unha implementación en Python de varias probas estatísticas. Esta biblioteca só inclúe as probas que non están implementadas actualmente no módulo scipy.stats. Ademais, en STAC volven implementarse probas estatísticas para comparacións múltiples (ANOVA, Friedman, etc.). Isto débese á falta de información que devolve a implementación correspondente en scipy.stats, necesaria para realizar a análise post hoc.
Pódese atopar máis información sobre a biblioteca na documentación de Sphinx.
API de servizos web
Para facilitar o uso das probas estatísticas desde varias linguaxes de programación, STAC ofrece unha lista de servizos web. Estes servizos están dispoñibles tanto para as probas da biblioteca de Python como para as implementadas en scipy.stats.
Os servizos web están implementados seguindo o estilo arquitectónico REST:
- Cada servizo descríbese completamente mediante o seu URL. Só se envían no corpo da solicitude os valores da mostra de datos. Isto débese a que non resulta práctico enviar variables
- Para a mensaxe de solicitude utilízase a operación HTTP POST. Isto débese á necesidade de enviar datos no corpo.
- Os datos da solicitude e da resposta codifícanse mediante un tipo de medio de Internet, neste caso JSON.
Cliente web
A última capa é unha interface web para a API de servizos web de STAC. Este cliente web está deseñado para facilitar todo o proceso de análise estatística ás persoas usuarias que non teñan coñecementos dos servizos web nin da biblioteca de Python. Ademais, esta plataforma inclúe un asistente para decidir cal é a proba máis axeitada para os datos proporcionados pola persoa usuaria, así como axuda continua en cada paso do proceso.
Cita recomendada
@InProceedings{rodriguez-fdez2015stac,
author={Ismael Rodr\'{i}guez-Fdez and Adri\'{a}n Canosa and Manuel Mucientes and Alberto Bugar\'{i}n},
title={{STAC}: a web platform for the comparison of algorithms using statistical tests},
booktitle = {Proceedings of the 2015 IEEE International Conference on Fuzzy Systems (FUZZ-IEEE)},
year={2015}
}