A USC participa a través do CiTIUS nesta nova alianza estatal, que promoverá proxectos de investigación conxuntos, a captación de financiamento competitivo, a mobilidade e atracción de talento e a transferencia de coñecemento á sociedade.
O encontro final da rede doutoral europea coordinada polo CiTIUS reunirá en Trento especialistas internacionais en intelixencia artificial, comunicación dixital e políticas públicas para analizar os desafíos que supoñen a desinformación, a polarización e os modelos xenerativos nas sociedades democráticas.
O encontro, impulsado polo Proxecto Nós a través do Instituto da Lingua Galega e do CiTIUS da USC, reuniu empresas, persoal investigador e institucións para presentar casos de uso empresariais desenvolvidos a partir dos recursos lingüísticos e tecnolóxicos do ecosistema ALIA.
A Universidade de Santiago celebra a graduación da primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial, unha titulación pioneira que culmina o seu primeiro ciclo formativo respaldada por unha ampla rede de colaboración con empresas e institucións, cunha participación decisiva do CiTIUS na docencia, na investigación e na formación práctica do alumnado.
Senén Barro, director científico do centro, preside o Comité Asesor deste órgano estratéxico, presentado hoxe na Coruña para impulsar unha intelixencia artificial ética e fiable
O encontro inicial do proxecto, celebrado en Donostia-San Sebastián, marca o inicio dunha iniciativa estatal en intelixencia artificial orientada a desenvolver modelos de linguaxe máis fiables, éticos e centrados nas persoas.
Persoal investigador, empresas e institucións de Galicia e Portugal reúnense para reforzar a cooperación en tecnoloxías da linguaxe para o galego-portugués no marco de ALIA, que promove unha infraestrutura pública de recursos de IA nas linguas do Estado español
O director científico do CiTIUS presentará o vindeiro mércores 4 de marzo ás 19:00 o seu novo libro «Poden pensar as máquinas?», unha reflexión sobre a intelixencia artificial e os desafíos conceptuais e sociais que acompañan o seu desenvolvemento.
Os autores relacionan o uso da intelixencia artificial cunha mellora na produtividade e sitúan a Galicia nunha posición favorable para integrar a IA no seu tecido produtivo
A actividade científica do centro na execución do proxecto Nós e a iniciativa ALIA do Goberno de España sitúan ao CiTIUS como un dos referentes españois e europeos en tecnoloxías da linguaxe, con particular énfase no galego.
O vicerreitor da Central South University (CSU), Li Zhihong, encabezou hoxe unha visita ao CiTIUS para coñecer de primeira man as liñas de investigación en tecnoloxías intelixentes aplicadas á medicina. A delegación chinesa interesouse polo potencial das colaboracións coa Universidade de Santiago de Compostela nos ámbitos da saúde e a biotecnoloxía.
Microsoft anuncia unha nova colaboración con tres centros de investigación de referencia en España para o desenvolvemento de modelos fundacionais de intelixencia artificial nas linguas do Estado: CiTIUS (Universidade de Santiago de Compostela), Barcelona Supercomputing Center (BSC) e o centro HiTZ, da Universidade do País Vasco.
O CiTIUS presenta a segunda tempada do seu podcast máis emblemático cun primeiro capítulo que xunta as voces da Filosofía, a Relixión e a Ciencia.
USC e Plexus Tech, co respaldo da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, presentaron hoxe esta iniciativa liderada polo CiTIUS, única en España na personalización dos procesos asistenciais.
O novo encontro da rede doutoral europea liderada polo CiTIUS terá lugar no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña do 21 ao 25 de abril.
Un equipo do centro acada o terceiro posto no ‘IEEE FLAME Technical Challenge 2024’, un certame global organizado pola Sociedade de Intelixencia Computacional do IEEE, que premia traballos innovadores destinados a combinar modelos de lingua con técnicas de intelixencia computacional, co propósito de alumear sistemas de IA capaces de xerar explicacións fiables.
O Congreso científico máis importante de Europa no campo da Intelixencia Artificial conclúe cunha reivindicación da achega pública ao desenvolvemento da IA, confiando en que seguirá contribuíndo a que a investigación científica transfírase ás empresas, tendo en conta «o seu impacto ético, legal, no emprego, na economía, nas persoas e nas democracias».
A revolución económica que supón o desenvolvemento da Intelixencia Artificial, similar á que supuxo a aparición da electricidade, obrigará a cambiar os perfís laborais no futuro, xa que se demandarán aqueles profesionais que sexan capaces xerar “maior valor” e de “usar mellor as tecnologias”.
Os expertos sobre regulación da Intelixencia Artificial (IA) defenden a estratexia europea porque ten «máis en conta ás persoas e a perspectiva social», aínda que advirten que Europa «non está soa no mundo», polo que debe ser flexible e «continuar coa conversación aberta» xa que o mundo e a tecnoloxía están en constante cambio.
A elite da investigación mundial en Intelixencia Artificial (IA) aborda desde hoxe e ata o vindeiro xoves en Santiago de Compostela os principais desafíos deste campo de investigación, tanto no ámbito económico como sobre a súa regulación, para garantir un uso ético.
A elite da investigación mundial en Intelixencia Artificial (IA) abordará no transcurso do congreso ECAI 2024, que se celebra do 19 ao 24 de outubro en Santiago de Compostela, os últimos avances en investigación no campo así como os principais desafíos éticos, sobre a súa regulación e o impacto económico que terá no mundo.




















