A USC participa a través do CiTIUS nesta nova alianza estatal, que promoverá proxectos de investigación conxuntos, a captación de financiamento competitivo, a mobilidade e atracción de talento e a transferencia de coñecemento á sociedade.
O encontro final da rede doutoral europea coordinada polo CiTIUS reunirá en Trento especialistas internacionais en intelixencia artificial, comunicación dixital e políticas públicas para analizar os desafíos que supoñen a desinformación, a polarización e os modelos xenerativos nas sociedades democráticas.
A plataforma, desenvolvida polo CiTIUS en colaboración coa Fundación Hermes, enmárcase no Observatorio de Dereitos Dixitais (ODD), co apoio de Red.es
Un equipo do centro acada o terceiro posto no ‘IEEE FLAME Technical Challenge 2024’, un certame global organizado pola Sociedade de Intelixencia Computacional do IEEE, que premia traballos innovadores destinados a combinar modelos de lingua con técnicas de intelixencia computacional, co propósito de alumear sistemas de IA capaces de xerar explicacións fiables.



