
Detección Temprana de Riesgos de Aparición de Trastornos Adictivos de Juego mediante Minería Web con Modelos Avanzados de Búsqueda y Procesamiento de Lenguaje Natural
Na actualidade, unha serie de trastornos psicolóxicos impactan gravemente na nosa sociedade. Os trastornos de xogo ("gambling disorders") foron incorporados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) dentro da clasificación internacional de enfermidades CIE-11 (publicada en 2018), respondendo á crecente preocupación internacional neste ámbito. Nos últimos anos, houbo un recoñecemento crecente de que patróns asociados aos xogos poden levar á disfunción e a angustia psicolóxica para algúns/has xogadores/as e en varios países este problema xerou preocupacións significativas de saúde pública. A pesar da gravidade destes trastornos, en moitos casos as persoas non reciben tratamento ou o reciben tarde.
Existen limitacións ben documentadas dos instrumentos preventivos existentes e unha necesidade de novos instrumentos que distingan a través do espectro de comportamentos de xogo, incluíndo casuísticas variadas como "comportamentos de xogo regulares e saudables", "xogo perigoso" ou "trastorno de xogo". A non identificación ou identificación tardía de signos de trastornos de xogo conduce a graves custos sociais, de saúde e económicos. Isto ten ademais un impacto significativamente preocupante na poboación adolescente.
A linguaxe e a forma de expresarse é un indicador poderoso de trazos de personalidade, emocións e proporciona pistas valiosas sobre a saúde mental e os trastornos das persoas. Podemos atopar patróns psicolóxicos distintivos nas persoas non só analizando os temas dos que falan, senón tamén estudando a forma en que usan conectivas das linguaxe como preposicións ou pronomes.
Obxectivos
Este proxecto ten como principal obxectivo desenvolver as tecnoloxías e modelos computacionais necesarios para realizar análises de linguaxe natural (LN) a gran escala. Trátase de deseñar e implementar novas ferramentas de monitorización e análise que, a partir de información pública dispoñible na web, poidan facer minería de contidos para extraer trazas e evidencias relacionadas cos trastornos do xogo. Máis especificamente, o obxectivo principal é estudar a forma en que as persoas usan a linguaxe ( e a evolución do uso de LN) para revelar signos temperáns de trastornos relacionado co xogo.
Proxecto
/research/projects/deteccion-temprana-de-riesgos-de-aparicion-de-trastornos-adictivos-de-juego-mediante-mineria-web-con-modelos-avanzados-de-busqueda-y-procesamiento-de-lenguaje-natural-
<p>Na actualidade, unha serie de trastornos psicolóxicos impactan gravemente na nosa sociedade. Os trastornos de xogo ("gambling disorders") foron incorporados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) dentro da clasificación internacional de enfermidades CIE-11 (publicada en 2018), respondendo á crecente preocupación internacional neste ámbito. Nos últimos anos, houbo un recoñecemento crecente de que patróns asociados aos xogos poden levar á disfunción e a angustia psicolóxica para algúns/has xogadores/as e en varios países este problema xerou preocupacións significativas de saúde pública. A pesar da gravidade destes trastornos, en moitos casos as persoas non reciben tratamento ou o reciben tarde.</p><p>Existen limitacións ben documentadas dos instrumentos preventivos existentes e unha necesidade de novos instrumentos que distingan a través do espectro de comportamentos de xogo, incluíndo casuísticas variadas como "comportamentos de xogo regulares e saudables", "xogo perigoso" ou "trastorno de xogo". A non identificación ou identificación tardía de signos de trastornos de xogo conduce a graves custos sociais, de saúde e económicos. Isto ten ademais un impacto significativamente preocupante na poboación adolescente.</p><p>A linguaxe e a forma de expresarse é un indicador poderoso de trazos de personalidade, emocións e proporciona pistas valiosas sobre a saúde mental e os trastornos das persoas. Podemos atopar patróns psicolóxicos distintivos nas persoas non só analizando os temas dos que falan, senón tamén estudando a forma en que usan conectivas das linguaxe como preposicións ou pronomes.</p><p>Este proxecto ten como principal obxectivo desenvolver as tecnoloxías e modelos computacionais necesarios para realizar análises de linguaxe natural (LN) a gran escala. Trátase de deseñar e implementar novas ferramentas de monitorización e análise que, a partir de información pública dispoñible na web, poidan facer minería de contidos para extraer trazas e evidencias relacionadas cos trastornos do xogo. Máis especificamente, o obxectivo principal é estudar a forma en que as persoas usan a linguaxe ( e a evolución do uso de LN) para revelar signos temperáns de trastornos relacionado co xogo.</p> - SUBV23/00002 - David Enrique Losada Carril - Nelly Condori Fernández
projects_gl